Susana, de Aleaareja: “Coas miñas pezas quero transmitir alegría e vitalidade”

`Alegra la oreja´ (Aleaareja abreviado) é unha pequena marca persoal de pendentes feitos a man. A data na que se dá a coñecer xa deixa entrever que vai ser un proxecto especial: 29 de febreiro de 2020, ano bisesto. Hoxe temos a sorte de falar con Susana, a súa creadora.

98344882_547748565792761_5366219447717593088_n
Susana posa co deseño `Cocodrilos´

Quen está detrás de @Aleaareja? Queremos saber cousiñas de ti!

Pois detrás de @Aleaareja estou eu, Susana. Sempre me custou moito presentarme, é como cando che preguntan “¿qué tal a viaxe?” e, aínda que fose xenial, só eres capaz de dicir “ben”.

Son filóloga de profesión pero teño moitos outros intereses, especialmente os relacionados ca arte, a creación,a música e a pintura. Creo que o mundo é un pouco máis bonito grazas aos artistas, que intentan poetizar a realidade e, ás veces, ata conseguen evadirnos dela.

Como xurdiu a idea de “Alegra la oreja!”? Tivo boa acollida?

A verdade é que non tivo un comezo abraiante, xurdiu por casualidade. Apetecíame facer uns pendentes propios, porque sempre me sentín moi identificada con estas pezas. Con esa idea na cabeza, un día fun mercar un par de cousiñas para facelos e gustoume o resultado. Pouco a pouco fun facendo máis e parecíame que quedaban ben no seu conxunto. Foi entón cando decidín facer unha conta de Instagram e publicalos, baixo o nome de “Alegra la oreja”, tras barallar un día enteiro tantísimos posibles nomes co meu amigo Manu.

O certo é que tiveron boa acollida, quero dicir, á xente do meu entorno gustábanlle, animábanme a facer máis e dábanme novas ideas

Que te animou a vender os pendentes?

Pois sentinme moi animada e motivada por algunhas amigas ás que lles gustaban moito e querían algúns, e cando vin a unha delas con eles postos, decidín que quería que os tivesen as demais.

E, dalgún xeito, sentir que grazas a algo que facía eu, outra persoa podía sentirse máis favorecida, facíame feliz.

98202735_2918329761616298_4525540334658125824_n
Foto do Instagram de Aleaajera

En que te inspiras para crear os teus deseños?

Gústanme moitísimo as formas xeométricas e abstractas cheas de cores. Cheguei incluso a buscar en Google “formas xeométricas”, mesturar varias, e despois probar a combinar diferentes cores no caderno de probas que teño.

A parte, estou aberta a novas ideas, e xa algúns dos pendentes publicados están deseñados seguindo o consello de amizades. Por exemplo, os pendentes inspirados en Mondrian son idea do meu amigo Fer.

Que cres que te diferencia doutras pequenas marcas?

A día de hoxe, é difícil ter algo que te diferencie moito, sobre todo, tendo en conta que os pendentes levan anos inventados. Aínda así, creo que algo característico de @aleaareja é que moitos dos seus deseños (non podo dicir todos, xa que non comezou con este fin) están pintados a man por min, e iso, xa é algo que os fai diferentes e únicos. Ademais, fágoos todos con moita ilusión e con cores vivas, para intentar conseguir que a xente que os leva se sinta especial. Diría que a frescura é o fío condutor que une os meus deseños.

As túas pezas son moi creativas, que buscas transmitir con elas?

Como xa dixen antes, quero transmitir alegría e vitalidade. ¿Sabes o típico día de primavera no que te levantas e colles un vestidiño rosa para saír á rúa porque te sintes primaveral? Pois quero conseguir que alguén se levante pola mañá, abra as ventás, vexa o ceo azul, e decida poñerse os pendentes de @aleaareja. ¿E se abre as ventás e está neboento? Que decida tamén poñerse os pendentes de Aleaareja para arranxar o día e levar o bo tempo por dentro.

Xa por último… nestes momentos de incerteza, tes algunha frase ou filosofía que che axude a estar animada?

As cousas sinxelas e fáciles fanme moi feliz, así que a única filosofía que teño é desfrutar co que fago, se sae mal non pasa nada, e se sae ben… será sempre primavera.



Descobre un pouco máis de Susana 

Sempre me gustou crear cousas dende cero, aínda que foi agora cando comecei a expresalo máis

X

 

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s