CORTOS Á MEDIDA

Hoxe propoño dúas curtametraxes de calidade que me inspiraron e me fixeron reflexionar. Para os que non as coñecían, anímovos a velas e deixarvos envolver por estas historias que non vos van roubar máis que uns minutos das vosas vidas. Se vos gustan, será tempo ben invertido.

Som pastor

Auténtica pureza, dedicación e humildade.

 

Minerita

Continua loita pola supervivencia. Dor. Coraxe. Pura dinamita.

Minerita (2013)

 

Por último, recomendar un documental que tiven a sorte de ver proxectado recentemente.

Frankestein-04155

Como espectadora, sentín un combinado de rabia, impotencia e aflición. Saín coa sensación de contemplar unha inxustiza da que ninguén tomaba parte…Pero agradecida de coñecer máis polo miúdo a outra cara do accidente de Angrois.

4155

 

X

Advertisements

Os bos tamén ganan

Moitos coñeceredes esta canción, a outros sonaravos e algúns non teredes nin idea (recoñezo que eu estaba neste grupo). Da igual en que situación vos atopedes, anímovos a descubrir a historia que hai detrás desta voz.

Fará cousa dun mes que vin o documental Searching for Sugar Man, e o tempo non foi quén de minimizar as miñas impresións. Hai poucas palabras que describan as sensacións que experimentei durante o filme; emoción, esperanza, curiosidade, paz.

Ganador merecido de numerosos premios en 2012, o documental está realizado cunha gran calidade en canto a contido, imaxes e estruturación. Consegue enganchar e sorprender o espectador dende o principio. Iso sen falar da positividade e a forza que transmite.

SugarMan_FINAL_CVR1-1024x1017

Sen dúbida, recomendo mergullarse por uns minutos nesta realidade fantástica. 

X

Tardes de cine

Parece que o tempo en Galicia non acompaña para ir a praia. Por iso, propoño dúas grandes películas para os que decidan quedarse na casa.

A primeira, Boyhood, é un film estadounidense que se rodou dende 2002 a 2013. Unha verdadeira obra mestra que reflicte o paso do tempo na vida dunha familia. As experiencias de cada personaxe nárranse dende a naturalidade e a sensibilidade, de maneira que o espectador sente empatía polo que ve tras a pantalla. Tan real que un esquece que é ficción.

A segunda, Deux Jours, une nuit ( Dos días, una noche), é un film belga que encaixa co momento no que estamos vivindo. O paro, os dilemas éticos e a actitude coa que nos enfrontamos a vida son as claves desta película. Cunha actuación espectacular de Marion Cotillard e unha lección moral por final.

X

Suite francesa

Na guerra, entre morte, medo e destrución, tamén xorde algo extraordinario: o amor.

Suite-Française-2014-poster

Suite francesa está dirixida por Saul Dibb e baséase na novela de  Irène Némirovsky. É unha película na que a magnífica interpretación dos actores fai creíble unha historia de amor que cautiva ao espectador dende o minuto un.

Unha cabeza pousada noutra. Contención. Xenerosidade. Morte. Miradas que din quérote sen palabras. Caos. Dolor. Dúas bocas que se atopan entre murmurios. Despedidas. A música dun piano ao compás do corazón. Silencio.

A miña recomendación cinematográfica da semana é para esta película, aínda en carteleira na maioría dos cines. Aquí o tráiler. Se a ides ver, non dubidedes en compartir a vosa opinión!

X

Xa se pode ter a rabudo.com nas mans

IMG_0285

El mejor peor momento de mi vida

Neste libro de Nacho Mirás ( por diante e por detrás), o lector convértese nun pasaxeiro con billete ao interior dun corpo, dunha cabeza, dunha vida. É unha viaxe emocionante, na que cada letra está cargada dunha emoción diferente dependendo do día. Aínda que o autor nos está contando a súa loita cunha dura enfermidade, o cancro, non o fai de maneira autocompasiva, máis ben todo o contrario, cun humor cítrico que escoce na ferida para curala. Un bálsamo picante que unta de risa unha historia de bágoas.

Peregrinamos polo seu día a día, polo seu pasado, polos seus gustos, pola súa sección en La Voz de Galicia…Esperando que o camiño dure aínda moitos anos, e cada kilómetro encha de historias de Nacho Mirás o noso disco duro. Que para os que o lemos, as súas verbas serven de cura tanto como un cóctel de temozolomida. Pero co único efecto secundario de querer ler máis.

A cercanía coa que está escrito este libro, fai sentir unha certa responsabilidade ao consumidor das súas páxinas, pois aparece a dúbida no que le, de se está a altura de tales confesións. Un verdadeiro tsunami reflexivo.

Xornalista e profesor de profesión, ambas ocupacións compatibles e combinables, son as responsables de anécdotas tan emotivas como que o seu pai, coleccionara durante vinte anos todos os artigos que foi escribindo Nacho Mirás. Un tesouro da evolución narrativa vivida. E como gaiteiro , non faltan as notas musicais acompañando a sintaxe. Xa se sabe que os habitantes do abecedario gozan coa muiñeira.

Pon, así, a súa voz ,non só a un xornal, tamén a unhas memorias sanitarias do máis completas. Un xénero, que comprobado en carne propia, engancha tanto como o policíaco.

E dende este pequeno espazo, desexarche moita sorte e que a túa xente te arroupe tanto e tan ben, que as mucosas segreguen afecto. Porque a mellor medicina é a humana.

X