Recordos a cores da infancia

Se penso nun espazo onde fun feliz, ese sería a casa dos meus avós paternos.

Encantábame pasar as tardes xogando no xardín, cos pés descalzos e preparándolle á avoa pratos a base de terra e follas. Subindo as árbores. Xogando a pases coa pelota. Exercendo de xerente no meu hotel para caracois. Perdéndome durante horas no meu paraíso de bonecas. Vendo os debuxos polas mañás mentres almorzaba na cama…

Aínda que a miña actividade favorita era estar rodeada dos animais: dos cans, dos gatos, das perdices, das pombas, do coello Juanito e do polo Piolín. As galiñas eran outro conto, mellor observalas a certa distancia.

No meu sexto aniversario, o avó fíxome unha casa de madeira preciosa, cunha cama, cociña e balcón. Estaba ó lado da horta e fronte á cerdeira. Era o refuxio perfecto, un espazo simbólico de independencia e intimidade.

Atesouro tantos momentos de felicidade pura, de recordos a cores…

Pero no 2008, todo mudou. Comezaron a murchar as flores e dos meus beizos saíron as primeiras despedidas. Adeus ós animais, á cor do xardín, a miña casiña, á horta, a papá, á alegría inocente. A cada paso, no espazo retumbaban máis as ausencias, o silencio, o gris, o medo…

Porque chegou a crise, e con ela, a miña casa da infancia acabou por colgar o cartel de “se vende”.

X

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s