3 documentais para espertar o ‘sentido natureza’

Tarde de chuvia, confinamento e moito tempo sen actualizar, son as razóns que me animan hoxe a compartir por aquí uns documentais ideais para estes días. Estar confinada entre catro paredes dá para botar de menos a moitas persoas, rutinas, espazos…E por suposto, o contacto coa natureza. Os seguintes filmes son unha maneira de sentila máis próxima, pero tamén de re-pensala dende o agradecemento, o respecto e o coidado. Aí van as miñas recomendacións:

“Terra”, dirixido por Yann Arthus-Bertrand e Michael Pitiot

Fai un percorrido pola historia do ser vivo ata chegar aos nosos días. É unha ventá a paisaxes naturais impresionantes, á vida de animais salvaxes e a relación que entabla a humanidade con ambos.

“Jane”, dirixido por Brett Morgen

Este filme narra as investigacións da primatóloga Jane Goodall en campo, á vez que fai un percorrido pola súa vida persoal. É unha historia inspiradora, chea de amor e paixón polo traballo e os animais. Podo dicir que me motivou e conmoveu a partes iguais (sí, houbo unha escena que me fixo chorar).

“Mission Blue”, dirixido por Robert Nixon e Fisher Stevens

Estou moi agradecida a este documental. Por unha parte, puiden descubrir á bióloga mariña Sylvia Earle, toda unha pioneira no estudo dos océanos. Por outra, puiden comprender mellor as consecuencias devastadoras do cambio climático na saúde oceánica.

  • Son moi fan deste tipo de documentais, e aínda que podería recomendar moitos máis, paréceme que estes tres están moi ben para comezar. Espero que vos gusten!

X

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s