Que é o xornalismo ambiental?Definición e importancia

Á hora de abordar un problema ou reto ambiental, é indispensable que a información que exista sexa accesible, fiable e plural. Neste sentido, os medios de comunicación cumpren unha importante función como a principal fonte  á que acode a poboación no seu día a día. 

A primeira pregunta a formular é que se considera exactamente xornalismo ambiental. A periodista e investigadora Sonia Fernández Parrat,  defíneo como “una especialización periodística que se ocupa de la información de actualidad generada por la interacción del ser humano con los seres vivos y con su entorno, tanto el natural como el creado por las propias personas”

fund biodivers (2)

termo xornalismo ambiental acostuma confrontarse con outros máis habituais aínda que menos rigorosos como “xornalismo verde” ou “xornalismo ecolóxico”. Non obstante, estes últimos connotan a militancia e activismo dentro do movemento ecoloxista. Por iso, a finais de 1994, a Asociación de Xornalistas de Información Ambiental (APIA) fixou o termo de “xornalismo ambiental”, desvinculando así os profesionais desta especialidade das confusións que podía traer o nome “ecolóxico” pola súa carga ideolóxica e reafirmando o ambiental como un exercicio profesional.

A temática ambiental inclúe un amplo abano de temas entre os que destacan: 

  • Protección da natureza: deforestación, incendios forestais, solo, biodiversidade, espazos protexidos, fauna e flora.
  • Auga: contaminación de ríos, mares, costas, plans hidrolóxicos.
  • Contaminación: agrícola, acústica, atmosférica, capa de ozono, efecto invernadoiro, cambio climático, vertidos, transportes.
  • Residuos: urbanos, tóxicos, atmosféricos, incineración, reciclaxe e vertedoiros.
  • Desenvolvemento sostible: turismo rural, problemas de poboación, saúde, educación ambiental, desenvolvemento económico e protección do medio.
  • Investigación: novas tecnoloxías, enerxías renovables, estudos de impacto ambiental.
  • Administración pública, ecopolítica, organizacións ecoloxistas, fiscalización e delitosambientais.
  • Consumo e estilos de vida.
  • Comunidade científica
  • Urbanismo

A reporteira Thelma Gómez Durán expresouno do seguinte xeito; El periodismo ambiental tiene que ver con derechos humanos. Un tema del que poco se habla en los medios de comunicación es el derecho que tiene todo ser humano a nacer y vivir en un medio ambiente sano. Tiene que ver con la corrupción e impunidad. ¿Cómo se aplica la legislación ambiental? ¿Quiénes la violan? ¿Quién paga las consecuencias de que se viole una ley ambiental?¿Qué hay detrás de los permisos (para construir hoteles, para la operación de minas, por ejemplo) que otorgan los gobiernos pasando por alto la legislación ambiental? Tiene que ver con justicia social. ¿Quiénes sufren los efectos de los delitos ambientales? ¿Quiénes padecen la contaminación de un río, la mala calidad del aire, la presencia de mercurio en el agua? Pero sobre todo, el periodismo ambiental tiene que ver con el futuro de la sociedad tal y como la conocemos hoy. 

Para ela, os/as profesionais ambientais deben apostar por un xornalismo de profundidade, empregando técnicas da investigación xornalística e indo máis aló dos boletíns de prensa e das notas informativas. Na súa opinión, a información sobre temas ambientais acostuma ser superflua e pouco contextualizada, ademais que só no mellor dos casos provén de tres fontes informativas (sector oficial, científicos e ONG).

Polo tanto, ser xornalista ambiental debería esixir unha especialización por parte dos profesionais da comunicación que queiran traballar dentro desta temática. Para poder explicarlle á poboación o que está a acontecer, o/a periodista debe entender do que está falando e estar capacitado/a para expresalo coa linguaxe oportuna en función de a quen se dirixe.

Por desgraza, esta figura na práctica é un tanto utópica. Por unha parte, a especialización ambiental no eido da comunicación aínda é escasa no noso país e por outra, a crise do xornalismo non garante os medios e recursos necesarios para a dedicación exclusiva do profesional nesa temática.

Como dixo a profesora de xornalismo ambiental, Sharon M.Friedman, “en el futuro, cada periodista escribirá más pronto o más tarde sobre algún tema ambiental, porque estos lo impregnan todo. Pero sólo los periodistas especializados proporcionarán el contexto y el fondo para que los lectores comprendan el tema”.

X

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s