A información ambiental: un dereito

Nos anos 70, o impacto da acción humana sobre o planeta xa se fai evidente. Consecuentemente, xorde unha preocupación polo deterioro do ambiente que conduce a avaliar as condicións imperantes, buscar solucións e defender un desenvolvemento en harmonía co medio.

Foi así como no 1972, en Estocolmo, Suecia, crease o Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) no marco da Conferencia da ONU sobre o Medio Humano. Sendo o principal órgano na esfera ambiental a nivel mundial, a súa misión é dirixir e alentar á participación no coidado do medio ambiente inspirando, informando e dando a nacións e pobos os medios para mellorar a calidade de vida sen pór en risco a das futuras xeracións.

AulaTic: TOD@S CO MEDIO AMBIENTE

Así mesmo, no Informe sobre o Estado de Medio Ambiente (1972-1992) do anteriormente citado PNUMA, recóllese que para facer fronte ós problemas ambientais é fundamental que os medios de comunicación dispoñan de mellor información sobre a materia e despois que a transmitan adecuadamente ó público. O éxito da comunicación ambiental non debe medirse pola aceptación pública das solucións expostas polos encargados de tomar decisións; senón cando un público ben informado escolle as mellores solucións con coñecemento de causa.

Unha das funcións máis importantes dos medios de comunicación é ampliar o público que participa sobre unha cuestión concreta. Así pois, xa no 1972 púñase en valor dende a maior organización internacional existente a importancia de que se garanta o acceso á información, á reflexión persoal e colectiva, ás propostas de resposta ante os retos futuros e a un debate á altura destas cuestións.

Posteriormente, a directiva europea 90/313 (ano 1990) inclúe a liberdade de acceso á información en materia de medio ambiente. Cinco anos despois, en España, créase unha Lei estatal (Lei 38/1995) que obriga a facilitar a información ambiental que esté no poder das administracións públicas competentes, sen obrigación de acreditar un interese determinado.

Con algunhas excepcións, no noso país débese facilitar información sobre:

– O estado das augas, o aire, o solo e a terra, a fauna, a flora e os espazos naturais.

– Actividades que afecten ou poidan afectar a estes recursos.

– Plans e xestión do medio ambiente.

– Actuación ou medidas de protección ambiental.

Seguindo co ámbito internacional, a busca de solucións efectivas ao deterioro ambiental arrancou coa denominada Cumbre de la Tierra celebrada en Río de Xaneiro en 1992. O encontro supuxo por primeira vez a congregación dun total de 108 Xefes de Estado e de Goberno, miles de activistas locais e estranxeiros, numerosos representantes de Organizacións Non Gobernamentais e xornalistas.

O resultado da xuntanza foi a redacción da Declaración de Río sobre medio ambiente e desenvolvemento, onde se definen os dereitos e deberes dos Estados, así como a creación do Programa 21, un plan de acción que ten como finalidade metas ambientais e de desenvolvemento no século XXI.

Outro acontecemento de gran relevancia é o Convenio sobre acceso á información, participación do público na toma de decisións e acceso á xustiza en materia de medio ambiente, coñecido normalmente como Convenio de Aarthus. É un tratado internacional que regula os dereitos de participación cidadá en relación co ambiente, cuxa entrada en vigor data do ano 2001. O obxectivo é a ampla difusión da información ambiental por parte da Administración, contribuíndo a cumprir o mandato constitucional de garantir o dereito de todos e todas a gozar dun medio ambiente adecuado para o desenvolvemento de cada persoa.

Non obstante, pese as medidas citadas anteriormente, nin os países asinantes de tales acordos conseguiron cumprir os obxectivos, nin o groso da poboación aumentou de maneira significativa os seus coñecementos ambientais. 

X

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s