O adeus

Entre os diferentes tipos de tempo atmosférico,

do conxunto de ríos que compoñen o territorio español

e a distribución territorial da poboación,

Hai algo en común.

 

Todas son materia de estudo de Xeografía,

e pouco me acordo de cada unha.

Se hoxe me mandan situar montañas e cordilleiras nun plano,

escribiría moitas menos das que souben algún día.

 

O que estou segura que non vou esquecer nunca,

É a persoa que mas ensinou.

 

Porque máis importante que a xeografía,

Son os valores que hai detrás do profesor.

A paciencia, a bondade, a xenerosidade co alumnado.

E iso, agradecerase por sempre.

 

É inxusto,

Pero xa non hai forma de rebelarse.

Só espero, que esteas onde esteas,

Os teus pasos te guíen polo mapa das estrelas.

X

One comment

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s