Os xornais só publican mentiras

Falando o outro día cunha amiga sobre a crise que está a vivir o xornalismo, sorprendeume a forma categórica coa que sentenciou ós medios de comunicación: “sinceramente, dáme igual, todos minten”. Guau! Que frase tan breve e concisa para describir a perda xeralizada de credibilidade e confianza nos medios.

O máis curioso é que esta amiga nunca le o xornal nin ve os informativos. Porque claro, se partimos da base de que ningún di a verdade, para que perder o tempo? Entón, a principal (e única) canle de información pasan a ser as redes sociais e o que opina o resto. Uf. Alguén máis ve a luz vermella que parpadea perigo?.

Sen facer unha defensa cega do xornalismo actual, creo que o seu papel segue a ser fundamental para a garantía de ferramentas que lle permitan á cidadanía tomar decisións libres e con coñecemento de causa.

Está claro que detrás dos medios de comunicación existen intereses determinados, presións económicas/legais ou falta de recursos. Non sempre estou de acordo co enfoque que se lle dan a certos temas, coa pouca rigorosidade coa que se tratan outros ou co posicionamento enmascarado que busca influír nas lectoras e lectores de maneira case imperceptible. Pero co que estou menos de acordo é coa postura de que os medios de comunicación son innecesarios.

O xornalismo de calidade sempre será imprescindible, porque sen el, estamos completamente á marxe da vida política e social que nos rodea. E aquí, entran as responsabilidades da cidadanía. Que “todos os xornais publican mentiras” só é unha excusa para non sentirte culpable por non lelos. Dicir “que non che interesan as noticias”, só é unha xustificación para seguir vivindo na túa burbulla sen carga de conciencia. Que ti “xa te informas a través das redes sociais”, é outorgarlle poder ós algoritmos de Facebook  para que só che apareza contido relacionado coas túas búsquedas. 

Deixar ao poder campar as súas anchas é asumir que eres o felpudo perfecto para limpar os seus pés. E de ser felpudo, mellor ser un con pinchos, para que non o poida pisar quen queira.

O que pretendo dicir é que para que exista un xornalismo de calidade, tamén teñen que existir lectoras e lectores esixentes co que len. Nunca se consumiu tanta información como na actualidade, porén, vivimos sumerxidos entre a desinformación e a manipulación. E unha cousa está clara, ou xiramos o timón, ou este barco chamado democracia caerá ó abismo. 

Nota: Escribo este artigo de opinión despois de ver o documental do que adxunto o tráiler aquí abaixo. Creo que é bastante interesante, e dende logo, unha oportunidade para reflexionar sobre todo esto que digo.

X

2 comments

  1. A desinformación é o camiño mais doado para que penetre a ideoloxía dominante. Si, ti non penses, ignórao todo que xa se encarga o sistema de meterche hábitos de consumo, modas, ideas individuais, silencio ante a inxustiza, pertenza á maioría aborregada, insolidaridade… e cando decidas reaccionar xa non terás con quen contrastar as opinións porque non haberá medios de cimunicación senon catecismos de fé nese sistema que fai de ti un ser absurdo, con cerebro de plasma programado por intereses económicos….

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s