Fábula contemporánea

Un segundo, dous segundos, tres segundos…

Non dou respirado. Socorro. Axuda.

-glup glup glup-

Respiro de novo. Que gusto dá. Aínda sinto o corazón latíndome na boca. Estiven a piques de morrer, menos mal que me deixaron marchar.

Cando o conte, non me van crer. “Que dis, ho? Xa andas coas túas historias? Anda, vai dar unha volta ata a ribeira do río que che fai falla despexar a cabeciña”

Sei que tamén se han rir pensando que é outro dos meus inventos. Iso pásame por prestarme a contar lendas e fábulas á tardiña para os máis pequenos. Non importa, que non me crean se non queren. Eu sei o que pasou, e voullo advertir (…)

–  (Carraspeo) Teño algo que contarvos! Aínda estou temblando. Veredes, estaba eu dando un paseo cando noto unha man que me colle e me saca da auga. Eu non vía nada, pero escoitei a voz dunha muller que berraba: “Manolo, home, bota unha risa carallo! Que che estou gravando un vídeo para Facebook como que estás falando co salmón”.

lengua_de_agua_28806652865029

X

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s