Pepe Mujica, viva imaxe de sobriedade e sabiduría

Cando vas ver unha persoa que admiras, o primeiro que te invade é a emoción. No meu caso, este sentimento traduciuse nunha puntualidade extrema (algo moi inusual en min) por medo a quedar sen sitio. O motivo non era para menos, pois ía ter a oportunidade de escoitar en persoa ao gran Pepe Mujica.

img_20161108_155838
(Perdoade a mala calidade das imaxes)

O encontro producíase co motivo da presentación do libro Unha ovella negra ao poder, de Mujica. Para facelo máis dinámico, estruturaron a conversa a modo de entrevista con Dario Guidi como condutor. Non obstante, a mala formulación das preguntas e a longa intervención doutro membro da mesa, deron como resultado un sistema de dudosa calidade.

Pese a isto, Pepe Mujica continúa a ser Pepe Mujica, e as súas intervencións deixaron ideas clave da súa forma de pensar. Comparto aquí en bruto algunha delas, sen colorantes nen edulcorantes verbais, para que captedes a esencia do personaxe e vos anime a reflexionar:

  • O destino dos seres vivos é o cambio. Un exemplo disto é o amor. O amor na época dos xoves é un volcán, o amor na miña idade é unha doce costume. Cambiou o amor? Non, somos nós os que cambiamos.
  • A loita por unha humanidade mellor inclúe aos nosos fillos, aos nosos irmáns (…) pero tamén aos nosos adversarios conxunturais. Non loitamos para nós, loitamos por un mundo que sexa mellor.
  • Un grave problema da economía e da política é abandonar o campo da filosofía. Dende algún lugar miramos o mundo e a realidade, e creamos que sí, creamos que non, temos algún fundamento de carácter filosófico aínda que non sexamos filósofos. Isto implica a importancia que lle damos ( ou non) ao milagro da vida. Para cada un de nós a cousa máis marabillosa é o milagro de estar vivos e nada ten comparación no universo con ese milagro accidental. E a partir dese milagro, si se lle dá importancia, entendemos que non podemos deixar de estar comprometidos coa defensa da vida. E isto é moi importante, saben por que? Porque hoxe hai máis suicidios no mundo que a cantidade de xente que morre na guerra máis todos os homicios. É para facerse unha pregunta; que lle está pasando á humanidade?É o único animal que se suicida, que vai en contra da vida. A partir desa idea básica, se a vida é única, senón podes comprar vida, hai que pensar en vivila con intensidade. Querela, amala, respetala. E iso implica que o obxectivo non é a riqueza, senón o curso da vida.
  • Se tes que vivir, vas consumir. Se vas consumir, tes que traballar. Porque se ti non traballas, estás vivindo a costa de alguén que traballa. Pero a vida non é só para traballar, necesitas tempo para vivir. E iso é tempo libre, tempo para a túa liberdade. Ti decides en que gastas o tempo da túa vida. Non esquezas que cando compras algo, non o compras con diñeiro, estalo comprando co tempo que gastaches para ter ese diñeiro. E ninguén che vai a devolver ese tempo. Polo tanto, canto máis tempo teñas na túa vida para gastalo no que che gusta, máis libre serás. Comprar o necesario para vivir pero andar máis ben livián de equipaxe, porque a vida é unha longa marcha e tes que poder camiñar. A vida é cultivo de afectos, e os afectos non os dán as cousas, dános os seres vivos.
  • Vivimos nunha cultura de mercado que quere que cada cidadán sexa antes que nada traballador e consumidor. Que trate de gañar todo o que poida para consumir o máis posible. Por que? Porque se pensa no negocio, non na felicidade humana.

img_20161108_173519-2

  • Penso que a humanidade está entrando noutra civilizacións: a dos dous idiomas ( o nativo e o inglés), a da revolución no campo de traballo ( loita por acortar a xornada laboral, polo desenvolvemento dos bens públicos, polo salario básico natural a toda a persoa…) a da introdución dos robots. Posiblemente a informática remate acarreando cambios institucionais na democracia representativa que coñecemos, abrindo portas que hoxe non chegamos nin a imaxinar. Vai ser un mundo distinto, porque a realidade material e tecnolóxica cambia o punto de partida dende onde está ubicada a humanidade. Veñen moitos cambios e é bo preparar a cabeza, porque o que máis crece é a incerteza.
  • Non temos dirección política no mundo, a dirección está marcándoa o negocio, o mercado. A gran pregunta, o home estará chegando aos límites? Porque agora hai que empezar a pensar como especie, non como país. Pensar coa humanidade enteira. Os pobres non son de África, son nosos. E os problemas de Asia, non son de Asia, son nosos. E esa é a batalla política das novas xeracións, ser ou non ser.

Cando se lle pregunta pola súa afirmación de que o libertario e o liberalismo están estreitamente ligados, el responde “O máis importante que trouxo a revolución liberal, polo menos como idea e como concepto, é o principio de igualdade relativa entre os homes e que non hai diferencias de orixe nin de sangue. E sobre todo hai unha convivencia de respeto da liberdade de pensar, de escribir, de difundir… E ese é un capital que a humanidade non debe esquecer xamais. Cal é o límite do liberalismo? Que promete algo que despois non cumple, a igualdade. E se digo que hai un parentesco entre o libertario e o liberalismo é a non aceptación imponente da autoridade que nos aplasta. Eu confeso que no fondo si me rascas, son un pouco anarquista”

Outro tema que non podía faltar era o das eleccións do novo presidente dos Estados Unidos. A súa primeira reacción foi SOCORRO, para logo recalcar que era un suceso moi triste para a humanidade: “ non me preocupa Trump, preocúpame os que o siguen. Trump vai pasar, pero o que o sigue queda. O peor é que todo o debate foi algo espantoso. Pensar que alí está o mundo intelectual, as universidades, o campus da investigación máis deselvolta do mundo… Unha intelectualidade de vangarda no pensamento humano e un sitema político que dan ganas de chorar, porque ter que elexir entre Trump e Hilary…     Non hai un Estados Unidos, hai varios. Un combativo, que loitou pola dignidade, polos dereitos dos negros, que puxo fin a Guerra de Vietnam botándose a rúa… Hai un Estados Unidos que é orgullo para a humanidade, ao fin e ao cabo, a primeira revolución republicana xurdiu alí. A idea de igualdade ante a lei, suscribiuse alí. E esta o outro, o Estados Unidos monstruoso, que se puxo a arreglar o mundo na última época e por onde pasou foi como un elefante dentro dun bazar. Nada peor que a prepotencia norteamericana co mundo. Hai unha cousa que está clara, hai que aprender a convivir co que é diferente, saber respetalo”.

img_20161108_190910
Nada máis rematar o encontro, avalancha para conseguir firmar os libros

 

“Nunca triunfamos de todo porque nunca fracasamos de todo”

 

X

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s