Poemas de ocasión

DSC_0196
Inés posa cun colar de Planeta Tres Zetas

Metáfora da metáfora (B)

El tamén procura

unha linguaxe que non manque.

Un espazo neutro

de morfemas con bandeira branca.

Un lugar de encontro

en troques dun territorio ocupado.

(Unha sintaxe arredada da guerra.)

Carlos Negro, Masculino singular

 

DSC_0305

Vive, dizes, no presente;

Vive só no presente.

Mas eu nâo quero o presente, quero a realidade;

Quero as cousas que existem, nâo o tempo que as mede.

O que é o presente?

É uma cousa relativa ao passado e ao futuro.

É uma cousa que existe em virtude de outrsa cousas

existirem.

Eu só quero a realidade, as cousas sem presente.

(…)

Fernando Pessoa, Poemas escolhidos de Alberto Caeiro

DSC_0276

V

¿Que lle podo ofrecer a quen me intente?:

días contados de paixón inerte

e amor eterno sempre compartido

coa débeda obrigada a unha existencia

amortizada en pagos usuarios

conxugando os verbos vivir e amar

en primeira persoa do plural

reducidos ás formas do presente.

¿ Que lle podo ofrecer a quen me intente

se son un fío solto da esperanza

tecida e destecida

por Penélope?

Lois Pereiro, Poesía última de amor e enfermidade(1992-1995)

DSC_0320

XXXVIII

chegaches, e cumpriches, e eu anhelábate,

e refrescaches o meu corazón ardente de devezo

Safo, Cantos e fragmentos

X

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s