Reinventarse escríbese con Z

Cando unha persoa chega a unha determinada idade, dáse por sentado que a súa situación laboral ideal será a estabilidade. Non obstante, esta norma que parece aplicable na maioría dos casos, é da que escapa a protagonista desta reportaxe

 

DSC_0100

 

No ano 2010 publicábase unha enquisa que afirmaba que o 72% dos españois quere ser funcionario fronte a un 4% que prefería ser empresario. Aínda que esta última porcentaxe experimentou nos seguintes anos unha subida entre a xente nova, para moitos emprender segue a constituír un risco que non están dispostos a asumir.

Por iso, que haxa persoas que naden a contracorrente resulta excepcional. É o caso de Cruz López, a artesá que está detrás Planeta Tres Zetas.

Todo ten un principio

Hai máis ou menos dez anos que Cruz comezou de xeito casual a realizar para o seu propio uso  complementos como pendentes, colares, pulseiras… Ao principio estas pezas eran sinxelas e pouco elaboradas, pero xa con certo gusto. Así, empezou sendo ela mesma a que poñía as súas creacións, chamando a atención de amigas e coñecidas. Posteriormente, pasou a regalar cousiñas que facía ata que as preguntas polos prezos se fixeron habituais. Animada polo favorable da situación e os seus seres queridos, decidiuse a crear a súa propia marca.

IMG_1203

O nome de Planeta Tres Zetas non foi froito da casualidade, senón unha opción meditada. A primeira palabra vén de que a súa nai de pequena sempre lle dicía “vives no teu propio planeta” e o de tres zetas é porque tanto o seu nome como apelidos rematan nesa letra ( Cruz López Martínez). A combinación destas tres palabras é algo persoal da artesá, o que lle outorga diferenciación entre os seus compañeiros de gremio.

O proceso de creación

Chama a atención que entre todas as xoias que oferta exista tanta variedade de deseños e modelos. Hai que ter moita imaxinación para estarse renovando continuamente sen perder a esencia que a caracteriza. Para iso, ela di que se inspira “no que  me rodea e me gusta: a arte, o cine, as paisaxes que coñezo e as que me gustaría coñecer (de feito a miña última colección está inspirada en África), as mulleres que admiro … Non sigo as tendencias, senón que son deseños que van contracorrente, por iso tamén son atemporais”

 

IMG_1251
Primeira fase do proceso de creación: deseño e debuxo

 

IMG_1280
Segunda fase do proceso de creación: montaxe da peza

Emprender

O seu día a día é do máis variado, nunca entre as gadoupas da monotonía. Algunhas xornadas traballa intenso no taller, outras dedícase a composición e deseño de pezas, outras a unha labor máis comercial para atender as tendas nas que vende ou encomendas especiais que lle fan, manter a web e as redes sociais, facer fotografías, acudir a feiras…

Ela afirma que “decateime de que o que me facía verdadeiramente feliz era o traballo no taller; crear pezas que fagan sentir ben as mulleres que as poñan. Realmente Planeta Tres Zetas concíboa como unha filosofía que intenta ir contra o consumo en masa e a unificación feminina, pretendo pois, formar un espazo de singularidade que consiga facer que as mulleres se sintan únicas co que se poñan”.

DSC_0155
Un dos colares da colección África

Aínda que así contado soe un oficio idílico, Cruz enfróntase as dificultades propias de querer introducir unha nova marca no mercado, concretamente a pequena escala. Sen dúbida, nestes tempos as condicións para os autónomos son inxustas e máis cando é unha soa persoa a que realiza todo o proceso, dende o deseño da peza ata a venda final. Pese aos obstáculos ela afirma que “estou ilusionada, e iso é un estímulo importante para superalos”

A hora da verdade

A comercialización do produto é a última fase do proceso de elaboración, pero non por iso menos importante. De feito, é imprescindible non só que a peza guste, senón que o cliente quede contento coa atención recibida.

A día de hoxe, Planeta Tres Zetas ten material en tendas de Lalín, Vilagarcía e Santiago. Aínda que a súa creadora di que “ dada a pouca produción, xa que moitas pezas son exclusivas, a presenza en tendas vai a modo. O facebook funciona tamén como unha boa canle de promoción , polo que a través da rede tamén recibo moitos encargos, fundamentalmente de persoas que buscan pezas con cores ou formas determinadas. Un tipo de clienta que teño son as noivas, porque buscan algo en concreto que ademais sexa especial”. Outro modo fundamental de venta desta artesá son as feiras e mercados de artesanía.

 

DSC_0090
Posto de Planeta Tres Zetas no mercado Art&Deco de Santiago de Compostela

A artesanía, sexa do tipo que sexa, é un oficio persoal que require dedicación e capacidade de superación por parte de quen se dedica a ela. Por iso, a sociedade debería poñer en valor os produtos artesanais de calidade e coñecer o traballo que hai detrás de cada peza. Moitas veces, como temos a posibilidade de comprar en grandes cadeas de produción en masa que venden a baixo prezo, esquecémonos de que existe outra maneira de mercar máis singular e directa. Por iso, esta reportaxe pretende recordalo.

Sen artesanía, a inspiración é unha mera caña sacudida polo vento

-Johannes Brahms-

Xiana

Advertisements

3 thoughts on “Reinventarse escríbese con Z

  1. Moita sorte a esta Tres Zetas, e tamén a que lle escribe. Eu fai uns días pendurei uns pendentes extraoridinarios de fai uns anos e fanme recordarla sempre. MOITA SORTE AS DUAS.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s