O gaiteiro traspasa fronteiras

Nunha das miñas primeiras entradas recomendaba  o seu libro, “El peor mejor momento de mi vida”. Facíao dende unha profunda admiración a unha prosa  coidada, pura, humorística e cargada de significado. En fin, posuía un estilo literario maxistral.

Estaba enfermo e as súas verbas transpiraban forza.

Loitou.

E a vida escapóuselle nun suspiro de gaita.

O xornalista Nacho Mirás vaise para non volver. El, que sempre tiña algunha verba por compartir, deixanos sen palabras. Custa dixerir que non haberá máis rabudo.

Non o coñecín como persoa, pero como profesional podo dicir que é todo un exemplo e unha inspiración ter referentes coma el. Porque tanto en La Voz de Galicia, como no seu blog ou no seu libro, soubo marcar a diferencia.

X

Deixar un comentario