Setembro en pebidas

-Dóeme a indiferenza ca que o fas. Parece que non sentes nada.

– María, qué vou sentir?

– Crávaslle o coitelo sen compaixón nin piedade. Métesllo e retórcesllo unha e outra vez. Cómo podes dicir que non sentes nada?

– Muller…

– De muller nada! Sempre igual. A túa indeferenza ante a dor allea pónme enferma. A ti dáche igual, non che importa nada. Quén che di que non sofre? Cando vexo o líquido escorregándolle pola pel parécenme bágoas vermellas. Estou segura de que chora…

-Estou convencido de que non..Maria..

– Non. NON. Non digas nada. Nin María nin Xosé. Ti sempre decides o que teñen que sentir os demais. Sabes o que é a empatía? Ti cóllela e crávaslle o coitelo sen preguntar, sen agarimo. Para ti só é unha máis… Con todo, para ela serás o último. Despois de ti non haberá nada. Eres o seu final. Daste conta? Non sei como non che pode inspirar o máis mínimo sentimento…

– María. Para. De verdade vas seguir dicindo o mesmo cada vez que corte sandía? Pois acabouse. Non a volvo mercar.

watermelon-390314_640

microrrelato

X

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s