Xa se pode ter a rabudo.com nas mans

IMG_0285

El mejor peor momento de mi vida

Neste libro de Nacho Mirás ( por diante e por detrás), a persoa que le convértese nun pasaxeira con billete ao interior dun corpo, dunha cabeza, dunha vida. É unha viaxe emocionante, na que cada letra está cargada dunha emoción diferente dependendo do día. Aínda que o autor nos está contando a súa loita contra unha dura enfermidade, o cancro, non o fai de maneira autocompasiva, máis ben ó contrario, cun humor cítrico que escoce na ferida. Un bálsamo picante que unta de risa unha historia de bágoas.

Peregrinamos polo seu día a día, polo seu pasado, polos seus gustos, pola súa sección en La Voz de Galicia…Esperando que o camiño dure aínda moitos anos, e cada kilómetro encha de historias de Nacho Mirás o noso disco duro. Que para as que o lemos, as súas verbas serven de cura tanto como un cóctel de temozolomida. Pero co único efecto secundario de querer ler máis.

A cercanía da escrita fai sentir unha certa responsabilidade, pois aparece a dúbida na que le, de se está a altura de tales confesións. Un verdadeiro tsunami reflexivo.

Profesor e xornalista, ambas ocupacións compatibles e combinables, son as responsables de anécdotas tan emotivas como a de que o seu pai coleccionara durante vinte anos todos os artigos que foi escribindo o autor. Un tesouro da evolución narrativa vivida. E como gaiteiro , non faltan as notas musicais acompañando a sintaxe.  Xa se sabe que as habitantes do abecedario gozan coa muiñeira.

Pon, así, a súa voz a unhas memorias sanitarias do máis completas. Por iso, dende este espazo, desexarche moita sorte e que a túa xente te arroupe tanto e tan ben, que as mucosas segreguen afecto. Porque a mellor medicina é a humana.

X

 

2 comments

  1. Wendy, por qué te escondes?, cal é a razón de que non podamos ver a túa cara? qué ocultas? Escribes ben, tes boas ideas, non parece que leves cosida ao estilo frankenstein… non o entendo.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s